Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

PROGRAMACIÓN 2023

Rural e tradición, un fogar en igualdade

 

Onde están as persoas disidentes no rural? Que teñen as foliadas que fan que persoas LGBTIQA+ se sintan libres? Se normalmente as pandereteiras eran mulleres e moitas da coplas galegas son de amor a mulleres, ningunha era lesbiana? Rural e tradición, un fogar en igualdade é un proxecto que busca visibilizar as persoas LGBTIQA+ na música tradicional e rural galegos. O proxecto busca relernos, histórica e socialmente dende unha nova perspectiva e derrubar o constructo cisheteropatriarcal dende a que foron configuradas a nosa cultura e pobo. É importante reconstruirnos para avanzar.

Rural e tradición, un fogar en igualdade busca dar voz a esta xente para que sexa a partir de todes elus que revisemos a nosa tradición, remiremos ás nosas aldeas.

Este proxecto conformase entorno a varios eixos. Por un lado unha xornada "Correr e cantar" sobre o colectivo LGTBQA+ na música tradicional e o rural galego e por outro, un libro que recolle todo ese traballo de investigación realizado por Sergio Marei e Atenea Garcia así como diferentes experiencias de persoas de toda a Galiza con vínculos co rural e a tradición musical. Este libro ademais funcionará como un cancioneiro popular LGBTIQA+ posto que todas esas persoas escribiron coplas con esta temática para que se canten en foliadas, nas asociacións... polo país adiante. E o último dos eixos será unha exposición itinerante que irá viaxando polos concellos da provincia. Nela estará plasmada todo o proxecto, para facelo chegar a cada recuncho coruñés, invitando a reflexionar sobre as representa.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Xornada Correr e Cantar Deputación da Coruña
Xornada Correr e Cantar Deputación da Coruña

‘Correr é cantar’, unha xornada sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galegos

 

Trátase do acto central do Orgullo da Deputación da Coruña, un evento que forma parte do proxecto “Rural e tradición, un fogar en igualdade” que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e o rural galego.

O vindeiro 17 de xuño terá lugar a xornada Correr e Cantar encadrada dentro do proxecto Rural e tradición, un fogar en igualdade do comisario Sergio Marey co cal busca amosar a realidade do colectivo LGBTIQA+ nas nosas aldeas e na nosa cultura.

A xornada comprenderá diferentes actividades. Charlas, mesas redondas, concertos, unha contada... Abriráse cunha presentación e a charla Bergantiños con ollada diversa para falar dos resultados dunha recollida feita polo comisario xunto a Atenea García. Ambos traballaron na zona de Bergatiños para coñecer a realidade do colectivo nesta zona da provincia coruñesa. Alí escoitaron, falaron, recorreron vilas e aldeas, investigaron... para tratar de recoller toda a información posibel de persoas disidentes de antes e de agora. Neste inicio da xornada amosarannos as reflexións ás que chegaron e contarannos todo o que atoparon.

O día continuará cunha mesa redonda, Creación contemporánea dende a tradición, moderada por Mercedes Peón e que contará con artista como Berto, Meiga-i, Eva Outeiro de Toma a Terra, Gabi Reboredo, O Rabelo e Olalla Liñares de Oîma. A tarde comezará do mesmo xeito, cunha mesa redonda, A muiñeira, unha bandeira LGBTIQA+, moderada por Diego Salgueiro (integrante do Orgullo Crítico de Nigrán, bailador e tocador) que contará con diferentes persoas do colectivo vinculadas á música tradicional e o rural que nos falaran da súa experiencia e realidade como persoas LGBTIQA+ nestes ámbitos. A continuación contaremos cunha contada para adultos de Atenea García, titulada Vicio houbo sempre, á que seguirá Noemi Basanta, integrante das Adufeiras de Salitre e Doutora en Filoloxía Galega, falándonos das ideoloxías e posicionamentos de xénero no baile e a música tradicionais galegas. O broche final desta xornada será a actuación das Tocadoras da A.C. Raigañas de Cerqueda, que cantarán coplas de temática LGBTIQA+ dun libro que sairá máis adiante deste proxecto, e serán as encargadas de abrir a foliada que concluirá o día e celebrará a nosa liberdade.

liberdade de ser e sentir

 

Desde Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña impúlsase esta Campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

 

#seresentir

#DeputacióndaCoruña

 

 

 

materiais de difusión

 

A Deputación da Coruña facilita de xeito gratuíto a aqueles concellos que así o desexen, a descarga de materiais cos que realizar difusión do Día das Diversidades Sexuais.

 

Cartel SER E SENTIR 2023

cartel

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 9MB

 

Adhesivos SER E SENTIR 2023

adhesivos

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 1.5MB

 

Bolsas SER E SENTIR 2023

bolsas

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 1.9MB

 

Camisetas SER E SENTIR 2023

camisetas

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 1.7MB

 

Chapas SER E SENTIR 2023

chapas

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 0.9MB

 

Báners SER E SENTIR 2023

báners

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 0.9MB

 

Lonas SER E SENTIR 2023

lonas

DESCARGA AQUÍ
ZIP. 0.8MB

 

 

Fado para Samuel

En Galiza, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».


A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.

 

palestra


A vida é de cores!
Unha educación alén do branco e negro



A importancia de educar en diversidade dende peques (relacionado coa saúde mental).
Martina achegaranos a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

 

conversas

Coas entidades ALAS CORUÑA, ARELAS e LES CORUÑA arredor do retos de futuro das diversidades sexuais.

 

contacontos

Brais das Hortas

"O avó que saiu da maleta"

 

pílulas informativas

Protagonizadas por A Rabela, Daniel Amarelo e Xácia Ceive para aclarar termos conceptuais relativos ás diversidades sexuais de xeito ameno e divulgativo.

 


Aclarando conceptos con Xácia Ceive

 


Aclarando conceptos con Daniel Amarelo

 


Aclarando conceptos con A Rabela

 

 

palestras diversas

palestras de edicións anteriores

Na campaña Liberdade de ser e sentir! de 2020 foron organizadas catro palestras virtuais para visibilizar o traballo que se está a realizar en Galiza a prol da diversidade sexual nas participaron diferentes especialistas e activistas nas seguintes áreas: deporte, infancia e adolescencia, medios de comunicación e literatura.

 


Bárbara G. Vilariño entrevista á karateka Cristy Tojo

 


"Diversidade sexual na infancia e na adolescencia". Inés del Río e Noemí Díaz

 

 
"Literatura e diversidade sexual" coa participación de Lucía Aldao, María Reimóndez e Martín Añel.
 
 


"Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación" con Ángela Fernández, Daniela Ferrández e Bárbara G. Vilariño.

presentamos a...

Dentro da campaña Liberdade de ser e sentir! coñecemos a distintas asociacións que traballan pola defensa dos dereitos das persoas LGTBQI+.

 

Maitane, coordinadora da Asociación Gehitu que ten como obxectivo principal conseguir o recoñecemento pleno dos dereitos fundamentais da dignidade, a igualdade, o libre desenvolvemento da sexo-afectividade para personas do colectivo LGBTIQ+.

 

 

Marcia Rocha, de TransEmpregos, Brasil.


 

Luis Piñeiro, de Casa Qui, unha asociación que presta servizos de psicoloxía, psiquiatría e apoio a xente nova LGBTI en vulnerabilidade.


 


Xosé Leis e Gustavo del Río fan unha  breve presentación do seu festival: CORUFEST.


 


Presentación da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia dentro da campaña da Deputación da Coruña LIBERDADE DE SER E SENTIR.


 


Hèlio, de AVANTE LGBT+, persoas que loitan contra o patriarcado e a cisheteronorma dende Galiza e en clave anticapitalista, fai unha breve presentación da entidade.


 


Patrick, de AmiZando, a asociación trans galega en loita polo recoñecemento dos dereitos e o respecto das identidades trans, fai unha breve presentación da súa entidade.

 


Susana Milnes preséntanos á entidade LES Coruña, asociación de mulleres pola igualdade e a visibilidade de lesbianas, bisexuais e persoas trans.

 


Neste caso Éric preséntanos a ARELAS, Asociación de familias de menores trans*.

 

 


A asociación CASCO preséntanos o novo servizo que está a desenvolver: Sex Point, punto de información permanente e solución ás ITS para todos os colectivos.

 

 


Neste caso presentamos á Asociación pola Liberdade Afectiva Sexual (ALAS A CORUÑA) con María José Ramos, vicepresidenta da Asociación.

 

S.E.X. webserie

.

.

.

.

.

Direción: Illa Bufarda. Idea, guión e produción: Illa Bufarda. Asesoramento no guión: ASEIA. Intérpretes: Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire. Producen: Deputación da Coruña, ASEIA e Illa Bufarda. Gravación, edición e postprodución: Illa Bufarda. Apoia: Fundación Paideia Galiza e a Sociedade Galega de Sexoloxía. Música: Don´t matter tonight de Dimitri Reeves. Premio Luísa Villalta 2019 da Deputación da Coruña.

 

recursos educativos
e material pedagóxico

Xogo de pistas

A través da participación neste xogo de pistas, pretendemos dar a coñecer á adolescencia diferentes termos asociados á diversidade sexual, así como conseguir que tomen consciencia da complexidade de realidades que cada persoa pode vivir e a necesidade de aceptar todas e cada unha delas. A través da dinámica do xogo tamén se pode afondar en valores coma o respecto, o traballo en equipo e a liberdade.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

ARELAS traballa en centros educativos de toda Galiza tratando de achegar á comunidade educativa a diversidade de identidades, orientacións e familias. Dende aquí poñemos os seus materiais didácticos a disposición de calquera persoa con gañas de seguir visibilizando e formando sobre estas realidades dende unha mirada positiva e transformadora.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Literatura infantil (de 0 a 8 anos):

 
 
 

 

Aitor tiene dos mamás. María José Mendieta, Mabel Piérola.

 

Con tango son tres. Justin Richardson, Henry Cole.

 

Crominyona. Michel Gay.

 

El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa. Patricia Fitti.


Federico y sus familias. Mili Hernández.

Inti y Eider. María Victoria Pereyra Rozas.

 

Monstruo Rosa. Olga De Dios.

 

Oliver Button é unha nena. Tomie de Paola.


Para Nina: Un diario sobre la identidad sexual. Javier Malpica

 

¿Que le pasa a Uma?. Raquel Díaz Reguera.

 

¡Soy una niña!. Yasmeen Ismail.

 

Soy yo. Dom Ink.

 

Titiritesa. Xerardo Quintia.

 

Trans bird. José Ignacio Donoso Bailón, Rita María del Carmen Bailón.

 

 

Literatura xuvenil (de 9 a 17 anos):

 
 
 


22 segundos.
Eva Mejuto.


Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe. Jesús Castro Yáñez.

 

De chico a chica. Terence Blacker.

 

El arte de ser normal. Lisa Williamson.

 

El beso de Aquiles. Alberto Conejero López.

 

El chico de las estrellas. Chris Pueyo.

 

El fuego en el que ardo. Mike Lightwood.

 

El niño que no fui. Daniel Valero.

 

George: simplemente sé tu mismo. Alex Gino.

 

Heartstopper. Alice Oseman.

 

Homosexualidad. Isabel García Santiago.


Identidade. Nee Barros Fernández.

 

Julia, la niña que tenía sombra de chico. Christian Bruel.

 

Nano. Concha Blanco.

 

Sin miedo. Manuel L. Alonso.

 

SuperUlex. Susana Sanches Arins.

 

Te daría el mundo. Jandy Nelson, Victoria Simo Perales.

 

Velloucas & Minchas. Lorena Conde.

 

Will Grayson, Will Grayson. John Green.

 

 

Ensaios e divulgacións:

 
 
 


Amigos e sodomitas.
Carlos Callón.

Chicas que entienden: In-visibilidad lesbiana. Varias autoras.

Este libro es gay. James Dawson.

El ciclo del amor marica. Gabriel J. Martín

El eje del mal es heterosexualfiguraciones, movimientos y prácticas feministas "queer". Carlos Bargueiras Martínez (coord.), Carmen Romero Bachiller (coord.), Dau García Dauder (coord.) (2005).

Espejos y contraespejos (Trazos biográficos, diversidad sexual y arte en Hispanoamérica y España). Jesús Martínez Oliva; Juan Vicente Aliaga (2022).

Gender, race and masculinity in the Drag King scene. J. Halberstam.

Infancia y Transexualidad. Juan Gavilán.

La huella de la violencia en parejas del mismo sexo. Carlos G. García.

Manifiesto contrasexual. Paul Preciado (2000).

Ni enfermos ni pecadores (La violencia silenciada de las "terapias de conversión" en España). Saúl Castro (2022).

No estamos tan bien : nacer, crecer y vivir fuera de la norma en España. Rubén Serrano.

NÓS XS INADAPTADXS. REPRESENTAÇÕES, DESEJOS E HISTÓRIAS LGBTIQ NA GALIZA.  Daniel Amarelo (Coord.)

Queer-emos un mundo novo: sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Teresa Moure.

Salir del armario: Guía para padres de Lesbianas, Gais, Bisexuales y Transexuales. Anne Dohrenwend.

The Drag King Book. Jack Halberstam e Del Lagrace Volcano (1999).

Transeducar: Arte, docencia y derechos LGTB. Ricard Huerta.

 

 

 

Literatura adulta (+ de 18 anos):

 
 
 

 

10 Ingobernables: Historias de transgresión y rebeldía. June Fernández Casete.

A defunción dos sexos. Daniela Ferrández Pérez.

A semellanza. Mª Xosé Queizán.

Benquerida Catástrofe. Teresa Moure.

Cobiza. María Reimóndez.

Degenerado. Chloé Cruchaudet.

Elisa e Marcela. Xulia Vicente.

El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida. Gloria Fuertes.

El sonido de los cuerpos. Fernando J. López.

LGBT para principiantes. Daniel Valero.

Lodo. Julen Azcona.

Niño Marica. Óscar Espirita (poemario).

Para acabar con Eddy Bellegueule. Édouard Louis.

Querido Eduardo. Cartas de Suárez, Picallo a Blanco Amor. Antón Lopo.

Sudor. Alberto Fuguet.

Transmatria. Daniel Asorey.

 

Para todos os públicos:

 
 
 


Mariquita: una historia autobiografica sobre la homofobia.
Juan Naranjo

 

Series / Películas:

 
 
 


About Ray.
Gaby Dellal.

Beach Rats. Eliza Hittman.

Blue is the Warmest Colour. Abdellatif Kechiche. 2013.

Boys don´t cry. Kimberly Peirce.

Call me by your name. Luca Guadagnino.

Carol. Todd Haynes.

Cloudburst. Thom Fitzgerald.

Disclosure: Ser trans en Hollywood. Sam Feder. 2020.

El diablo es magnífico. Nicolás Videla.

En 80 días. Jose Mari Goenaga, Jon Garaño, 2010.

Giant Little Ones. Keith Behrman, 2020.

Knife + Heart. Yann Gonzalez, 2018.

Kuchu: si nos seguimos escondiendo, dirán que no estamos aquí. Katherine Fairfax & Malika Zouhali.

Heartstopper. Alice Oseman(Netflix). 2022.

Mapplethorpe. Ondi Timoner.

La calumnia. William Wyler.

La chica danesa. Tom Hooper.

La doncella. Park Chan-wook, 2016.

La llamada. Los Javis, 2017.

Las aventuras de Priscilla, reina del desierto. Stephan Elliott, 1994.

Laurence Anyways. Xavier Nolan.

Lilting. Hong Khaou.

Moffie. Oliver Hermanus, 2019.

Portrait de la jeune fille en feu. Céline Sciamma.

Pose. Ryan Murphy, Brad Falchuk & Steven Canals (HBO MAX). 2020.

Rafiki. Wanuri Kahiu.

Sex Education. Laurie Nunn (Netflix). 2019.

Theo & Hugo. Olivier Ducastel.

The world to come. Mona Fastvold. 2021.

Three. Tom Tykwer.

Tomboy. Céline Sciamma, 2011.

Transamérica. Duncan Tucker.